{"id":10610,"date":"2026-08-28T09:44:57","date_gmt":"2026-08-28T07:44:57","guid":{"rendered":"https:\/\/plancton.afundacion.org\/?post_type=evento&#038;p=10610"},"modified":"2026-09-06T13:24:50","modified_gmt":"2026-09-06T11:24:50","slug":"plancton-2026-limpeza-de-lixo-marino-na-praia-de-ladeira-corrubedo-ribeira","status":"publish","type":"evento","link":"https:\/\/plancton.afundacion.org\/gl\/evento\/plancton-2026-limpeza-de-lixo-marino-na-praia-de-ladeira-corrubedo-ribeira\/","title":{"rendered":"PLANCTON 2026. Limpeza de lixo mari\u00f1o na praia de Ladeira (Corrubedo, Ribeira)"},"content":{"rendered":"\n<p class=\"wp-block-paragraph\">241 paus de batea, m\u00e1is de 100 cabichas, case 2000 anacos de cordas e cabos ou 7500 fragmentos de obxectos pl\u00e1sticos indeterminados son alg\u00fans dos refugallos, que suman case 165 quilos de lixo mari\u00f1o, retirados durante a xornada polo voluntariado convocado por Afundaci\u00f3n na praia da Ladeira, no espazo natural de Corrubedo, no Concello de Ribeira. Esta nova actuaci\u00f3n desenvolvida no marco de PLANCTON, ten como obxectivo contribu\u00edr \u00e1 conservaci\u00f3n dos ecosistemas costeiros de Galicia, \u00e1 prevenci\u00f3n da xeraci\u00f3n de residuos e \u00e1 sensibilizaci\u00f3n da cidadan\u00eda sobre a importancia de protexer o litoral.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">A actividade contou coa colaboraci\u00f3n do Concello de Ribeira, de Grip Surf School, da xoier\u00eda Jael e do equipo do Parque Natural Complexo Dunar de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vix\u00e1n.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Ao longo da ma\u00f1\u00e1, as m\u00e1is de 40 persoas voluntarias participantes localizaron e retiraron da praia diferentes tipos de residuos procedentes de actividades mar\u00edtimas e pesqueiras como paus de batea, cabos, cordas, nasas, unha rede enmara\u00f1ada de gran tama\u00f1o, sedelas, anacos de espumas sint\u00e9ticas, etc. Os participantes atoparon tam\u00e9n, como \u00e9 frecuente neste tipo de acci\u00f3ns, distintos obxectos relacionados coa vida coti\u00e1 e as actividades de lecer, entre eles envases, botes, botellas, botes e botellas de vidro, pl\u00e1stico ou aluminio, tap\u00f3ns, envoltorios, cabichas, xoguetes, calzado, artigos relacionados coa hixiene persoal, e outros refugallos de pequeno tama\u00f1o cuxa orixe \u00e9 dif\u00edcil de establecer debido \u00e1 s\u00faa fragmentaci\u00f3n e deterioraci\u00f3n tras estar \u00e1 intemperie ou no mar.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Durante todo o operativo, as persoas voluntarias e o equipo de coordinaci\u00f3n clasificaron e pesaron os residuos recollidos co fin de intentar determinar posteriormente a s\u00faa orixe e avaliar o seu impacto. Un traballo voluntario que permite actuar directamente sobre un problema ambiental que afecta de maneira especial aos ecosistemas costeiros: o abandono e a mala xesti\u00f3n dos residuos, que poden acabar sendo transportados polo vento, os cursos de auga ou as correntes mari\u00f1as e converterse en lixos mari\u00f1os, con impacto directo sobre a biodiversidade e a calidade dos espazos naturais.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><strong>PLANCTON, tam\u00e9n desde a prevenci\u00f3n<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">A participaci\u00f3n nas limpezas permite \u00e1s persoas voluntarias co\u00f1ecer de primeira man a dimensi\u00f3n do problema do lixo mari\u00f1o e conv\u00eddaas a reflexionar sobre a necesidade de previr desde a orixe, mellorar os h\u00e1bitos de consumo e garantir unha correcta xesti\u00f3n dos refugallos para evitar que cheguen ao medio natural.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><strong>Un espazo de gran valor ambiental<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">As actuaci\u00f3ns desenvolvidas en Corrubedo te\u00f1en especial relevancia polo valor ambiental desta contorna. O Complexo Dunar de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vix\u00e1n est\u00e1 declarado Parque Natural e conta, ademais, con diferentes figuras de protecci\u00f3n ambiental, entre elas a s\u00faa integraci\u00f3n na Rede Natura 2000, como Zona Especial de Conservaci\u00f3n (ZEC) e Zona de Especial Protecci\u00f3n para as Aves (ZEPA), ademais da consideraci\u00f3n de zona h\u00famida protexida e o reco\u00f1ecemento como zona h\u00famida de importancia internacional Ramsar.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><a><\/a>A conservaci\u00f3n destes espazos require a implicaci\u00f3n das administraci\u00f3ns, entidades, colectivos locais e cidadan\u00eda, tal e como fixeron hoxe as distintas entidades que colaboraron na actividade. \u00c9 precisamente nesta li\u00f1a de colaboraci\u00f3n na que se integra PLANCTON, buscando sumar esforzos para a protecci\u00f3n dos ecosistemas costeiros e promover unha maior conciencia social arredor dos problemas ambientais que afectan o litoral. Todo iso seguindo a li\u00f1a marcada polos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable, como o ODS 17: Alianzas para lograr os obxectivos; ODS 13: Acci\u00f3n polo clima, ODS 14: Vida submarina ou ODS 15: Vida de ecosistemas terrestres.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Convocadas por Afundaci\u00f3n baixo o amparo de PLANCTON, as persoas voluntarias participantes nesta nova actividade ambiental focalizaron os seus esforzos na retirada de lixos mari\u00f1os da praia de Ladeira en Corrubedo (Ribeira).<\/p>\n","protected":false},"featured_media":10611,"template":"","accion":[33],"class_list":["post-10610","evento","type-evento","status-publish","has-post-thumbnail","hentry","accion-retirada-de-residuos-en-praias-e-humedais"],"acf":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/plancton.afundacion.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/evento\/10610","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/plancton.afundacion.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/evento"}],"about":[{"href":"https:\/\/plancton.afundacion.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/evento"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/plancton.afundacion.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/10611"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/plancton.afundacion.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=10610"}],"wp:term":[{"taxonomy":"accion","embeddable":true,"href":"https:\/\/plancton.afundacion.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/accion?post=10610"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}