{"id":10405,"date":"2026-07-06T20:30:30","date_gmt":"2026-07-06T18:30:30","guid":{"rendered":"https:\/\/plancton.afundacion.org\/?post_type=evento&#038;p=10405"},"modified":"2026-07-06T20:30:31","modified_gmt":"2026-07-06T18:30:31","slug":"plancton-2026-presentacion-en-vilagarcia-de-arousa-dunha-nova-edicion-da-campana-goza-da-praia-sen-deixar-pegada","status":"publish","type":"evento","link":"https:\/\/plancton.afundacion.org\/gl\/evento\/plancton-2026-presentacion-en-vilagarcia-de-arousa-dunha-nova-edicion-da-campana-goza-da-praia-sen-deixar-pegada\/","title":{"rendered":"PLANCTON 2026. Presentaci\u00f3n en Vilagarc\u00eda de Arousa dunha nova edici\u00f3n da campa\u00f1a Goza da praia sen deixar pegada"},"content":{"rendered":"\n<p class=\"wp-block-paragraph\">A praia de Compostela, en Vilagarc\u00eda de Arousa, acoller\u00e1 do 6 de xullo ao 15 de setembro, a exposici\u00f3n itinerante \u00abGoza da praia sen deixar pegada\u00bb, unha iniciativa de sensibilizaci\u00f3n ambiental impulsada por Afundaci\u00f3n no marco de PLANCTON, composta por tres t\u00f3tems informativos que invita \u00e1 veci\u00f1anza e aos turistas que se achegan \u00e1s praias na \u00e9poca estival a descubrir a riqueza ecol\u00f3xica do litoral e a adoptar boas pr\u00e1cticas para desfrutar dos areais dun xeito respectuoso co medio natural. Esta acci\u00f3n d\u00e1 continuidade a unha campa\u00f1a semellante desenvolvida hai tres anos nesta mesma localidade, centrada ent\u00f3n na promoci\u00f3n de boas pr\u00e1cticas en praias con actividade marisqueira e que contou coa colaboraci\u00f3n das mariscadoras da zona en labores informativos e de divulgaci\u00f3n para fomentar o respecto polos cultivos mari\u00f1os, previr o furtivismo e contribu\u00edr \u00e1 conservaci\u00f3n destes espazos.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">No acto de presentaci\u00f3n, celebrado na praia de Compostela no Concello de Vilagarc\u00eda de Arousa, participaron a tenente de alcalde, Tania Garc\u00eda; o concelleiro de Turismo, \u00c1lvaro Carou; &nbsp;Saleta Gonz\u00e1lez Pimentel, directora t\u00e9cnica do proxecto PLANCTON; Manuel Cacheda, responsable de RSC de Afundaci\u00f3n e Javier Tilves Carballo, director da oficina de ABANCA en Vilagarc\u00eda.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">A exposici\u00f3n destaca o extraordinario valor natural das praias e das dunas costeiras, espazos que albergan unha rica biodiversidade. A trav\u00e9s de contidos divulgativos e mensaxes accesibles para todos os p\u00fablicos, os t\u00f3tems lembran que as praias son ecosistemas vivos que comparten miles de especies e que a s\u00faa conservaci\u00f3n depende tam\u00e9n dos pequenos xestos coti\u00e1ns da cidadan\u00eda.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Entre os temas abordados na mostra figuran a correcta xesti\u00f3n dos residuos xerados durante unha xornada de praia, o impacto das cabichas e doutros desperdicios abandonados na area, a importancia ecol\u00f3xica das algas como fonte de alimento para numerosas especies, os efectos que determinados compo\u00f1entes qu\u00edmicos presentes nos protectores solares poden provocar nos ecosistemas costeiros ou a importancia das dunas, aut\u00e9nticas barreiras naturais que contrib\u00faen \u00e1 conservaci\u00f3n das praias e \u00e1 protecci\u00f3n do litoral.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">A trav\u00e9s dun conxunto de recomendaci\u00f3ns pr\u00e1cticas, \u00abGoza da praia sen deixar pegada\u00bb anima a empregar envases reutilizables, reducir a xeraci\u00f3n de residuos, respectar os cami\u00f1os habilitados para acceder aos areais, evitar alterar os h\u00e1bitats naturais e procurar formas de mobilidade sostible para desprazarse \u00e1s praias.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Con esta iniciativa, Afundaci\u00f3n reafirma o seu compromiso coa educaci\u00f3n ambiental e coa conservaci\u00f3n do patrimonio natural galego, achegando \u00e1 cidadan\u00eda ferramentas e co\u00f1ecementos que contrib\u00faan a facer compatible o desfrute do litoral coa protecci\u00f3n dos seus ecosistemas.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">A campa\u00f1a enm\u00e1rcase nas acci\u00f3ns de concienciaci\u00f3n ambiental desenvolvidas a trav\u00e9s do programa PLANCTON, co obxectivo de fomentar a protecci\u00f3n dos ecosistemas mari\u00f1os e costeiros. Grazas \u00e1 colaboraci\u00f3n de m\u00e1is de 5.000 persoas voluntarias e de m\u00e1is de 100 entidades, este programa conseguiu retirar ata o de agora m\u00e1is de 163 toneladas de residuos das praias e dos fondos mari\u00f1os de Galicia en pouco m\u00e1is de cinco anos.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>A praia de Compostela, en Vilagarc\u00eda de Arousa, acoller\u00e1 do 6 de xullo ao 15 de setembro, a exposici\u00f3n itinerante \u00abGoza da praia sen deixar pegada\u00bb, unha iniciativa de sensibilizaci\u00f3n ambiental impulsada por Afundaci\u00f3n no marco de PLANCTON, composta por tres t\u00f3tems informativos que invita \u00e1 veci\u00f1anza e aos turistas que se achegan \u00e1s praias na \u00e9poca estival a descubrir a riqueza ecol\u00f3xica do litoral e a adoptar boas pr\u00e1cticas para desfrutar dos areais dun xeito respectuoso co medio natural.<\/p>\n","protected":false},"featured_media":10528,"template":"","accion":[26,29],"class_list":["post-10405","evento","type-evento","status-publish","has-post-thumbnail","hentry","accion-accions-formativas-informativas-e-materiais-expositivos-para-previr-a-xeracion-de-lixos-marinos","accion-manuais-infografias-e-guias-de-boas-practicas"],"acf":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/plancton.afundacion.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/evento\/10405","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/plancton.afundacion.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/evento"}],"about":[{"href":"https:\/\/plancton.afundacion.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/evento"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/plancton.afundacion.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/10528"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/plancton.afundacion.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=10405"}],"wp:term":[{"taxonomy":"accion","embeddable":true,"href":"https:\/\/plancton.afundacion.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/accion?post=10405"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}