{"id":10330,"date":"2026-07-03T14:32:15","date_gmt":"2026-07-03T12:32:15","guid":{"rendered":"https:\/\/plancton.afundacion.org\/?post_type=evento&#038;p=10330"},"modified":"2026-07-04T19:58:35","modified_gmt":"2026-07-04T17:58:35","slug":"plancton-2026-afundacion-presenta-en-ribeira-unha-campana-e-unha-guia-de-boas-practicas-para-promover-a-reducion-do-lixo-nos-mercados-e-minimizar-a-sua-chegada-ao-mar","status":"publish","type":"evento","link":"https:\/\/plancton.afundacion.org\/gl\/evento\/plancton-2026-afundacion-presenta-en-ribeira-unha-campana-e-unha-guia-de-boas-practicas-para-promover-a-reducion-do-lixo-nos-mercados-e-minimizar-a-sua-chegada-ao-mar\/","title":{"rendered":"PLANCTON 2026. Afundaci\u00f3n presenta en Ribeira unha campa\u00f1a e unha gu\u00eda de boas pr\u00e1cticas para promover a reduci\u00f3n do lixo nos mercados e minimizar a s\u00faa chegada ao mar."},"content":{"rendered":"\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Afundaci\u00f3n, a Obra Social de ABANCA, presentou en Ribeira unha nova campa\u00f1a de sensibilizaci\u00f3n ambiental, desenvolvida no marco do seu Plan de Conservaci\u00f3n Territorial-ON (PLANCTON), que ten como obxectivo fomentar a prevenci\u00f3n e correcta xesti\u00f3n dos residuos nos mercadillos ambulantes e contribu\u00edr as\u00ed a evitar que cheguen ao\u00a0 medio natural, especialmente, ao mar.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">No acto de presentaci\u00f3n, desenvolvido no propio mercado e coincidindo coa s\u00faa celebraci\u00f3n, participaron Vicente Mari\u00f1o, concelleiro de Mercados e Fernando Abraldes P\u00e9rez, concelleiro delegado do Mar, Promoci\u00f3n do Litoral e Festexos; Sof\u00eda Pego Cores, xefa de servizos de Urbaser da zona do Barbanza, Saleta Gonz\u00e1lez Pimentel, directora t\u00e9cnica do proxecto PLANCTON; Manuel Cacheda, responsable de RSC de Afundaci\u00f3n e Jos\u00e9 Segundo Bouzas Dios, director da oficina de ABANCA en Ribeira.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">A iniciativa, que conta coa colaboraci\u00f3n do Concello de Ribeira, Portos de Galicia, Urbaser e Ecoembes, est\u00e1 dirixida aos tres colectivos clave que interve\u00f1en nos mercados ambulantes: os concellos como entidades xestoras destes espazos comerciais, os feirantes e a clientela, co fin de avanzar cara a uns mercados m\u00e1is sostibles.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">A campa\u00f1a promove a adopci\u00f3n de boas pr\u00e1cticas ambientais adaptadas a cada un destes grupos, incidindo na importancia de reducir a xeraci\u00f3n de residuos, favorecer a s\u00faa correcta separaci\u00f3n e fomentar h\u00e1bitos responsables que contrib\u00faan \u00e1 conservaci\u00f3n do territorio e dos ecosistemas costeiros, xa que a gran maior\u00eda deste tipo de eventos, ten lugar nas proximidades dos r\u00edos ou do mar.<\/p>\n\n\n\n<div data-wp-interactive=\"core\/file\" class=\"wp-block-file\"><object data-wp-bind--hidden=\"!state.hasPdfPreview\" hidden class=\"wp-block-file__embed\" data=\"https:\/\/plancton.afundacion.org\/wp-content\/uploads\/2026\/06\/BoasPracticasMercados_web.pdf\" type=\"application\/pdf\" style=\"width:100%;height:600px\" aria-label=\"Incrustado de BoasPracticasMercados_web.\"><\/object><a id=\"wp-block-file--media-2880536f-5b28-4c81-a0d6-99647ca0781d\" href=\"https:\/\/plancton.afundacion.org\/wp-content\/uploads\/2026\/06\/BoasPracticasMercados_web.pdf\">BoasPracticasMercados_web<\/a><a href=\"https:\/\/plancton.afundacion.org\/wp-content\/uploads\/2026\/06\/BoasPracticasMercados_web.pdf\" class=\"wp-block-file__button wp-element-button\" download aria-describedby=\"wp-block-file--media-2880536f-5b28-4c81-a0d6-99647ca0781d\">Descarga<\/a><\/div>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Como parte desta acci\u00f3n, instal\u00e1ronse no recinto do mercado ambulante varios t\u00f3tems informativos nos que se recollen distintas recomendaci\u00f3ns pr\u00e1cticas dirixidas tanto ao colectivo de comerciantes como a s\u00faa clientela, un contido que se pode consultar m\u00e1is amplamente na p\u00e1xina web do <a href=\"https:\/\/plancton.afundacion.org\/gl\/\">proxecto PLANCTON<\/a>, e que servir\u00e1n como ferramenta de sensibilizaci\u00f3n permanente, lembrando a importancia de manter limpo o espazo p\u00fablico e de realizar unha adecuada xesti\u00f3n dos residuos xerados durante a actividade comercial.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Ademais, a campa\u00f1a contempla a repartici\u00f3n de bolsas reutilizables entre a clientela, co fin de fomentar alternativas sostibles \u00e1s bolsas dun s\u00f3 uso e promover h\u00e1bitos de consumo m\u00e1is respectuosos co medio ambiente.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Por outra banda, os feirantes recibir\u00e1n tam\u00e9n bolsas reutilizables destinadas \u00e1 separaci\u00f3n dos residuos xerados durante a celebraci\u00f3n do mercado, facilitando as\u00ed a s\u00faa correcta clasificaci\u00f3n e posterior reciclaxe. Estas bolsas permitir\u00e1n recoller de xeito diferenciado materiais habitualmente presentes nesta actividade, como bolsas de pl\u00e1stico, etiquetas, papeis, caixas e embalaxes de cart\u00f3n, e outros residuos derivados da venda ambulante.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">A trav\u00e9s desta iniciativa, que forma parte do proxecto PLANCTON, Afundaci\u00f3n reforza o seu compromiso coa protecci\u00f3n do medio ambiente e coa promoci\u00f3n de modelos de consumo e xesti\u00f3n de residuos m\u00e1is responsables. Unha iniciativa que, neste caso,&nbsp; desenvolve en colaboraci\u00f3n coas administraci\u00f3ns, o sector comercial e a cidadan\u00eda para previr a contaminaci\u00f3n e preservar os ecosistemas mari\u00f1os e costeiros. Todo iso acorde coa li\u00f1a marcada polos ODS das Naci\u00f3ns Unidas, que constit\u00faen a folla de ruta deste proxecto, fundamentalmente os ODS 17 (Alianzas para lograr os obxectivos), ODS 14 (Vida submarina) e ODS 13 (Acci\u00f3n polo clima), convertendo cada actuaci\u00f3n nun paso m\u00e1is cara a un litoral m\u00e1is limpo, saudable e resiliente.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Afundaci\u00f3n presentou en Ribeira unha nova campa\u00f1a de sensibilizaci\u00f3n ambiental desenvolvida para fomentar a adopci\u00f3n de boas pr\u00e1cticas nos mercados ambulantes co obxectivo de reducir a xeraci\u00f3n de residuos, mellorar a s\u00faa xesti\u00f3n e evitar que estes poidan chegar ao medio mari\u00f1o.<\/p>\n","protected":false},"featured_media":10342,"template":"","accion":[26,29],"class_list":["post-10330","evento","type-evento","status-publish","has-post-thumbnail","hentry","accion-accions-formativas-informativas-e-materiais-expositivos-para-previr-a-xeracion-de-lixos-marinos","accion-manuais-infografias-e-guias-de-boas-practicas"],"acf":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/plancton.afundacion.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/evento\/10330","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/plancton.afundacion.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/evento"}],"about":[{"href":"https:\/\/plancton.afundacion.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/evento"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/plancton.afundacion.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/10342"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/plancton.afundacion.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=10330"}],"wp:term":[{"taxonomy":"accion","embeddable":true,"href":"https:\/\/plancton.afundacion.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/accion?post=10330"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}