{"id":10122,"date":"2026-06-10T09:38:23","date_gmt":"2026-06-10T07:38:23","guid":{"rendered":"https:\/\/plancton.afundacion.org\/?post_type=evento&#038;p=10122"},"modified":"2026-06-13T21:41:48","modified_gmt":"2026-06-13T19:41:48","slug":"plancton-2026-limpeza-de-residuos-nos-fondos-das-praias-de-baiona","status":"publish","type":"evento","link":"https:\/\/plancton.afundacion.org\/gl\/evento\/plancton-2026-limpeza-de-residuos-nos-fondos-das-praias-de-baiona\/","title":{"rendered":"PLANCTON 2026. Limpeza de residuos nos fondos das praias de Baiona"},"content":{"rendered":"\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Os fondos mari\u00f1os das praias da Barbeira e Ribeira e do espig\u00f3n DOCA, en Baiona, v\u00edronse libres dunha tonelada de lixo mari\u00f1o trala xornada de voluntariado medioambiental desenvolvida no marco de PLANCTON, o Plan de Conservaci\u00f3n Territorial impulsado pola Obra Social de ABANCA.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">A iniciativa mobilizou a mergulladores da Confrar\u00eda de Pescadores A Anunciada de Baiona, dos clubes de mergullo Club Subacu\u00e1tico P\u00e9rez-Sub, Club Terra dos Mares, A.D.C. Raspa, Club Neptuno das R\u00edas Baixas e Club Ugari Sub de Biscaia e da Asociaci\u00f3n Galega de Pescadores Submarinos Responsables (AGPESUR), que realizaron sucesivas inmersi\u00f3ns para localizar e extraer residuos acumulados no medio mari\u00f1o.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">A actuaci\u00f3n permitiu recuperar distintos obxectos, moitos deles aparellos de pesca extraviados durante o seu exercicio, como nasas, cabos, \u00e1ncoras, pneum\u00e1ticos empregados como defensas e outros \u00fatiles relacionados co sector pesqueiro. Os mergulladores atoparon ademais dun retrete, e como \u00e9 frecuente neste tipo de acci\u00f3ns, distintos residuos relacionados coa vida coti\u00e1 e as actividades de lecer, entre eles envases, botes, botellas, e outra serie de obxectos pl\u00e1sticos altamente contaminantes para os ecosistemas submarinos.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Mentres os equipos de mergullo traballaban nos fondos, o voluntariado convocado por ABANCA e Afundaci\u00f3n e parte da corporaci\u00f3n municipal do Concello de Baiona encarg\u00e1ronse das tarefas de apoio en terra, colaborando na recepci\u00f3n, clasificaci\u00f3n e pesada dos materiais retirados do mar ao longo da xornada.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Con esta nova actuaci\u00f3n, PLANCTON contin\u00faa ampliando os seus resultados e alcanza case as 162 toneladas de lixo mari\u00f1o extra\u00eddas no conxunto de actuaci\u00f3ns desenvolvidas ata o de agora en bancos marisqueiros, areais e outros espazos costeiros de Galicia, desde o inicio do proxecto en 2021.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">A xornada contou coa implicaci\u00f3n de numerosas entidades e organizaci\u00f3ns que fixeron posible o desenvolvemento da actividade. As\u00ed, ademais do Concello de Baiona, que asumir\u00e1 a xesti\u00f3n final dos residuos retirados do medio mari\u00f1o; colaboraron tam\u00e9n o Club de Iates Monte Real; a Federaci\u00f3n Galega de Actividades Subacu\u00e1ticas; ABANCA e a s\u00faa Obra Social, promotora do proxecto PLANCTON.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">A colaboraci\u00f3n entre administraci\u00f3ns p\u00fablicas, entidades sociais e deportivas, colectivos vinculados ao mar e persoas voluntarias volveu demostrar o valor do traballo conxunto \u00e1 hora de afrontar os retos ambientais que afectan ao litoral galego. Grazas a esta actuaci\u00f3n foi posible retirar dos fondos mari\u00f1os numerosos residuos que supu\u00f1an unha ameaza para a fauna e a flora da contorna, contribu\u00edndo \u00e1 mellora do estado de conservaci\u00f3n da costa de Baiona e reforzando a sensibilizaci\u00f3n cidad\u00e1 arredor da protecci\u00f3n dos ecosistemas mari\u00f1os.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Esta nova intervenci\u00f3n exemplifica os principios que inspiran o proxecto PLANCTON, baseado na suma de esforzos para avanzar cara a unha maior conservaci\u00f3n do patrimonio natural galego. Un compromiso que se ali\u00f1a cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible das Naci\u00f3ns Unidas, especialmente co ODS 17 (Alianzas para lograr os obxectivos), o ODS 14 (Vida submarina) e o ODS 13 (Acci\u00f3n polo clima), convertendo cada actuaci\u00f3n nun paso m\u00e1is cara a un litoral m\u00e1is limpo, saudable e resiliente.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Os fondos mari\u00f1os das praias da Barbeira e Ribeira e do espig\u00f3n DOCA, en Baiona, v\u00edronse libres dunha tonelada de lixo mari\u00f1o trala xornada de voluntariado medioambiental desenvolvida no marco de PLANCTON, o Plan de Conservaci\u00f3n Territorial impulsado pola Obra Social de ABANCA.<\/p>\n","protected":false},"featured_media":10127,"template":"","accion":[31,33],"class_list":["post-10122","evento","type-evento","status-publish","has-post-thumbnail","hentry","accion-retirada-de-residuos-en-fondos-de-portos-pesqueiros-e-recreativos","accion-retirada-de-residuos-en-praias-e-humedais"],"acf":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/plancton.afundacion.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/evento\/10122","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/plancton.afundacion.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/evento"}],"about":[{"href":"https:\/\/plancton.afundacion.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/evento"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/plancton.afundacion.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/10127"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/plancton.afundacion.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=10122"}],"wp:term":[{"taxonomy":"accion","embeddable":true,"href":"https:\/\/plancton.afundacion.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/accion?post=10122"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}