ACTIVIDADES

Retirada de residuos en praias e humedais

A praia de Lago, no concello de Xove, acollerá unha nova xornada de voluntariado ambiental organizada pola Obra Social de ABANCA, ao abeiro do programa PLANCTON, centrada na retirada de lixos mariños. A actividade contará coa colaboración do Concello de Xove quen se fará cargo dos residuos retirados do areal.
DATAS: APRAZADA
HORARIO: Por determinar
Máis dun cento de persoas, convocadas por Afundación, participaron nunha completa xornada de voluntariado ambiental na illa de Ons, no Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia. As actuacións centráronse, por unha banda, na limpeza de lixos mariños das praias, e por outra na retirada de diferentes especies de flora exótica invasora que ameazan á flora autóctona deste lugar protexido.
DATAS: 16/05/2026
HORARIO: Finalizada
As praias da illa de Cortegada, dentro do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, acolleron unha nova xornada de limpeza de lixo mariño na que tomaron parte máis de 80 persoas voluntarias. A actividade foi convocada por Afundación a través do seu programa de voluntariado Actúa, no marco de PLANCTON, o plan de conservación territorial que xa conseguiu retirar 158 toneladas de residuos do mar e da costa en diferentes enclaves da xeografía galega.
DATAS: 25/04/2026
HORARIO: 10:00 a 14:00 h
Máis de 30 voluntarios, convocados por Afundación a través do seu portal de voluntariado Actúa, participaron nunha actividade ambiental na duna de Corrubedo, co obxectivo de contribuír á conservación desta área natural de alto valor ecolóxico. A xornada centrouse na retirada de plántulas e árbores novas de piñeiro (Pinus sp.), unha intervención necesaria dado o avance progresivo do piñeiral cara ao ecosistema dunar. A expansión gradual das coníferas está a invadir zonas propias da duna, alterando o seu equilibrio natural e mesmo comprometendo a súa mobilidade, un proceso clave para o mantemento deste tipo de hábitat.
DATAS: 11/04/2026
HORARIO: Finalizada
Máis de 80 persoas, entre elas 40 mergulladores, e 18 barcos participaron nunha xornada de voluntariado ambiental na contorna dos Guidoiros Areoso e Pedregoso, convocados por Afundación, a Obra Social de ABANCA. Esta é a novena acción desenvolvida nesta zona no marco do proxecto PLANCTON da Obra Social de ABANCA, que permitiu retirar xa máis de 150 toneladas de lixo mariño dos fondos e areais de Galicia.
DATAS: 14/03/2026
HORARIO: 08:30 a 14:00 h
A praia da Doniños, no Concello de Ferrol, foi o escenario dunha nova xornada de limpeza de lixo mariño convocada por Afundación, a Obra Social de ABANCA no marco do seu proxecto PLANCTON. Como é habitual nestas xornadas, localizáronse residuos relacionados coa actividade profesional vinculada ao mar e outra serie de obxectos relacionados coas actividades de lecer e recreo desenvoltas no propio espazo natural ou procedentes da vida cotiá na rúa e nos fogares. 255 quilos en total.
DATAS: 28/02/2026
HORARIO: 10:00 a 14:00
Máis de 43000 fragmentos de plásticos de orixe indeterminada ou máis de 9000 cordas, cabos e cabiños, son algúns dos residuos retirados polas máis de 60 persoas voluntarias que participaron hoxe na xornada de limpeza de lixo mariño, convocadas a través de Actúa, o programa de voluntariado da Obra Social de ABANCA, e polo colectivo Arena Limpia. Nesta ocasión, a actividade organizouse en resposta ao chamamento público realizado polo influencer galego Hugo Pérez, quen solicitou publicamente axuda para levar a cabo unha limpeza colectiva na praia de Area de Bon, en Bueu. O areal, un espazo protexido de alto valor ecolóxico integrado na Rede Natura 2000 dentro da ZEC Cabo Udra, viuse moi afectado polo impacto dos sucesivos temporais que azoutaron a comunidade ao longo do inverno.
DATAS: 21/02/2026
HORARIO: 10:00 a 14:00 h
As praias do Espazo Natural de Baldaio-Razo, no concello de Carballo, acolleron a máis de 20 persoas voluntarias para levar a cabo unha nova acción de limpeza de lixo mariño impulsada por Afundación no marco de PLANCTON, o Plan de Conservación Territorial que este ano 2026 cumpre a súa sexta edición.
DATAS: 7/02/2026